Experiencias experiencias sociales News Tórculo pecha o 2018 cun crecemento do 15%

compromiso_social_torculo
5 Febreiro, 2019

Tórculo pecha o 2018 cun crecemento do 15%

“O 2018 foi o ano do crecemento, o 2019 debe ser o ano da consolidación” expuxo o CEO de Tórculo, Jacobo Bermejo, na convención de empresa celebrada o 2 de febreiro en Compostela.

O 2019 será o ano do afianzamento do crecemento trala crise do sector. Tórculo prevé un aumento do 10% na súa facturación, o que suporá unhas vendas de 6.200.000 € .

Tórculo pechou o ano 2018 cun crecemiento global dun 15% e consolidou a súa folla de ruta cara a impresión dixital, a que supón máis do 50% da súa facturación.  En xaneiro do 2018, Tórculo incorporou a súa segunda prensa dixital HP Indigo 12000, como clara aposta por esta tecnoloxía.

A impresión offset, que en anos anteriores era máis de la metade das vendas da empresa, hoxe ocupa o segundo posto.

 

As claves para o 2019

Os responsables das distintas áreas de Tórculo expresaron as claves para o ano 2019:

1. Gran formato

Unha das grandes apostas de Tórculo para o 2019 é o gran formato. Reforzouse coa incorporación de dous expertos no eido. Ademais, deseñouse unha nova estratexia comercial, con novas tarifas moito máis competitivas.

2. Automatización

A automatización de procesos será unha de las claves na conversión de Tórculo en empresa 4.0. O aumento da produtividade é unha das preocupacións constantes da empresa.

3. Compromiso social

“O Tórculo das persoas” é como chamou Jacobo Bermejo ao compromiso social que adoptou a compañía con distintas iniciativas culturais, sociais e deportivas. Bermejo tamén incidiu na importancia dos seus traballadores como valor fundamental de Tórculo.

teléfono