Sin categoría (Español) Concurso de microrrelatos de Tórculo

2 Abril, 2018

(Español) Concurso de microrrelatos de Tórculo

I CERTAME DE MICRORRELATOS LIBROS POLA PAZ

A Concelleria de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago de Compostela e Tórculo Comunicación Gráfica convocan o I CERTAME DE MICRORRELATOS LIBROS POLA PAZ

A través deste certame aberto á participación de estudantes do 3º ciclo de  ensinanza primaria do Concello de Santiago de Compostela procuramos unha reflexión e toma de conciencia da problemática dos refuxiados e da importancia da construción dunha sociedade de paz, así como animar a vocación literaria do alumnado participante.

 

As bases que rexerán o concurso son as seguintes:

 

  1. Participación

Poderán participar todo o colectivo de estudantes do Concello de Santiago do 3º ciclo de Ensino Primario: cursos 5º e  6º dos centros públicos e concertados do Concello.

2. Temática

A temática dos microrrelatos ten que estar referida á paz e aos refuxiados. Estas dúas palabras deberán estar incluidas no microrrelato obrigatoriamente.

 

3. Formato

  • Cada participante presentará un único microrrelato que deberá estar escrito en lingua galega, ser orixinal, inédito e non ser premiado con anterioridade.
  • A extensión do microrrelato non poderá superar as cen (100) palabras, e deberá incluir as palabras paz e refuxiado/arefuxiados /as.

 

4. Prazo de admisión

O prazo de admisión dos traballos comezará o 1 de decembro de 2018 e rematará o día 30 de xaneiro de 2019, Día Escolar da Non Violencia e da Paz, ambos os dous incluidos.

 

5. Presentación dos traballos

Os ou as participantes no certame deberán enviar os seus microrrelatos a través do centro educativo no que estean matriculados.

O orixinal deberá ser presentado nun sobre pechado en papel, xuntando o mesmo documento en soporte dixital (CD-ROM, pendrive ou similares) en formato PDF. No exterior, farase constar o título do texto e o pseudónimo elexido. En ningún caso, estes documentos terán datos que identifiquen ao autor ou autora, posto que se quere garantír o anonimato. Dentro do mesmo sobre principal deberase incluir outro sobre máis pequeno. No seu exterior aparecerá o alcume e o título do microrrelato e no interior os datos persoais que identifiquen ao autor ou autora e forma de contacto, indicando o centro educativo ao que pertence.

Remitirase todo a Tórculo (coa referencia “MICRORRELATOS”) Polígono Industrial do Tambre, Vía Édison 33-35. 15890 Santiago de Compostela.

Para calquera dúbida poderase consultar por correo electrónico no enderezo: microrrelatos@torculo.com

 

6. Xurado

Estará formado por unha persoa  representante do Concello de Santiago, Departamento de Educación e Cidadanía, outra  de Tórculo e por un escritor ou escritora nomeada polas entidades convocantes.

A resolución farase pública o18 de febreiro de 2019.

 

7.- Premios

Fallaranse e motivaranse:

  • Primeiro premio: 300 euros en material escolar
  • Segundo premio: 150 euros en material escolar

Para o centro escolar un diploma conmemorativo.

Así mesmo todos os centros participantes recibirán un libriño onde se recollan os microrrelatos dos participantes dese centro para entregar ao alumnado que participou no concurso.

Cos relatos finalistas realizarase unha publicación non venal (previa autorización dos autores e autoras) que Tórculo distribuirá aos centros participantes.

 

8.-Aceptación das bases

A concorrencia a este certame implica a aceptación destas bases.

 

Santiago de Compostela, novembro de 2018.

 

 

teléfono