Themis é unha ferramenta proactiva e intelixente, xa que pode rastrear tanto documentos como páxinas web na procura de términos sexistas. Así mesmo, pode detectar o uso dunha palabra varias veces nun mesmo documento, pero só a marcará cando se use incorrectamente. Unha vez localizados os términos sexistas móstranos alternativas válidas para ditas palabras, actuando así coma un corrector.
En resumo, esta ferramenta o que busca é un uso non sexista da linguaxe e dende Tórculo apoiamos este tipo de iniciativas xa que na nosa empresa queremos fomentar a igualdade.
Aquí vos deixamos o enlace ao corrector online de Themis para que o comprobedes por vós mesmos. Se queres probalo, pincha
aquí.