Tórculo Artes Gráficas

A empresa · R.S.C.

Presentamos a Memoria de Responsabilidade Social de TÓRCULO
ARTES GRÁFICAS S.A., na que informamos sobre o noso desempeño
no alcance económico, social e ambiental. Esta memoria nace
cun triple obxectivo: poñer en valor o labor que vimos desenvolvendo
no eido da responsabilidade social; satisfacer as expectativas de
información dos nosos grupos de interese, e ser unha guía de mellora
continua coa que comprobar o nivel de cumprimento dos nosos
obxectivos. Na parte final, sinalamos os obxectivos de mellora que
fixamos para o ano 2009.


Elaboramos o documento porque cremos que, de acordo co obxectivo
estratéxico da Unión Europea adoptado na Cumbre de Lisboa
de marzo do 2000 de converterse na economía máis competitiva e
dinámica, basada no coñecemento, capaz dun crecemento económico
sostible con máis e mellores empregos e unha maior cohesión social,
a Responsabilidade Social (contribuír desde a propia estratexia ao
progreso económico, social e ambiental) situarase nun lugar clave
da estratexia das empresas.


Esta memoria, foi realizada seguindo como marco a Guía G3 do Global
Reporting Iniciative (GRI). Pretende contribuír á implantación
do desenvolvemento na sociedade, e dar a coñecer con transparencia
e comparabilidade os logros obtidos co bo facer, profesionalidade
e dedicación de todo o persoal que formamos parte do proxecto de
TÓRCULO ARTES GRÁFICAS, S.A.

> Ver memoria

 

Aviso legal

© Tórculo Artes Gráficas, S.A.

Vía Edison, 33 - 35 (Polígono do Tambre, Santiago)
Tel.: 902 905 024 - torculo@torculo.com