PRIMEIRA IMPRENTA VERDE DE GALICIA

Solucións para papeis reciclados, responsables co medio ambiente e con excelente calidade e acabado.

Tratamos de referendar o noso compromiso ambiental cada ano coas nosas certificacións ambientais. Primeiro foi a certificación 14001 de Xestión Ambiental, e despois fomos a primeira imprenta de Galicia en obter os certificados FSC e PEFC.

O obxectivo prioritario da impresión verde de Tórculo, é o desenrolo de solucións para papeis reciclados, responsables co medio ambiente e innovadoras, e que ofrezan aos nosos clientes excelentes niveis de calidade e deseño.

UNE-EN ISO 14001

Garante a xestión ambiental de todos os nosos procesos produtivos.

Certificado do Sistema de Xestión Ambiental

Certificado do Sistema de Xestión da Calidade

FSC C103817

O selo da xestión forestal responsable.

Certificado FSC

PEFC/14-38-00075

Promovendo a xestión forestal sostible.

Certificado PEFC

PVC FREE

Materiais para gran formato libres de PVC.

GREENGUARD

Materiais interiores con baixas emisións químicas.

POR QUE OS SELOS VERDES?

O obxectivo é verificar a traxectoria da materia prima dende o bosque até o consumidor final en tódalas etapas.

Os consumidores esixen que as prácticas comerciais sexan compatibles co medio ambiente. As administracións Públicas e as empresas tamén demandan cada vez maiores garantías de que as materias primas forestais utilizadas nos seus produtos proveñan de bosques xestionados de forma sostibles.

Estes selos están promovidos por organizacións internacionais e sen ánimo de lucro, co obxectivo de garantir unha xestión forestal ambiental responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable nos bosques de todo o mundo, proporcionando certificacións forestais a aquelas organizacións que superan as súas auditorías. auditorías.

Mellora a túa imaxe ante os teus clientes e asegura un medio ambiente sostible.

RSC, DESEMPEÑO E EVOLUCIÓN

A Dirección de Tórculo Comunicación Gráfica, continúa coa mellora continua na organización de aspectos relativos á Calidade e o Medio Ambiente do seu Sistema de Xestión. Con isto, perséguese aumentar a satisfacción dos clientes actuais e demostrar aos potenciais a nosa capacidade para ofrecer servizos e produtos de calidade. Ao mesmo tempo, os aspectos e impactos xerados pola actividade de Tórculo Comunicación Gráfica son considerados para exercer un control sobre os mesmos, intentando eliminalos ou minimizalos.

En Tórculo promovemos o concepto de calidade total, de xeito que a regra de facer as cousas ben é unha tarefa colectiva na que debe participar toda a organización. Todo isto integrando o concepto de xestión sostible a todos os niveis da empresa, especialmente controlando o consumo de recursos naturais e a xeración de residuos.

> Política de calidade e xestión ambiental

Residuos de papel
e cartón (kg./año)

Evolución dende 2015 a 2019

A xeración de residuo de Papel e Cartón tamén é superior durante o 2019 ao período analizado con anterioridade, pasamos de uns volumes de entrega ao redor de 206 Tb. En 2018 a uns valores de 246 Tn, case un 20% en relación ao ano anterior (Punt. 12 ).

O valor é coherente co incremento na facturación entre 2018-2019. A gran cantidade de compras de Cartón e o maior desperdicio nas Impresións Dixitais son os causantes do aumento nesta liña. A redución no recorrido 2020 é de aproximadamente un 27%, na mesma liña que a Fac.

16500

2019

21000

2018

19500

2017

17000

2016

19000

2015

Residuos
de plástico (kg./año)

Evolución dende 2015 a setembro de 2019

A xeración de Residuo de Plástico indica unha tendencia á baixa, reducíndose durante o 2019 no seu conxunto algo máis dun 11% fronte ao periodo anterior.

Os datos de 2020 son moi inferiores e a falta de algunhas entregas a partires de Setembro, quedámonos ao redor dun -65%, o que supón unha baixada na puntuación neste eido. (Punt. 6).

750

2019

1250

2018

1350

2017

850

2016

1200

2015

EN TÓRCULO COIDAMOS DO TEU NEGOCIO